- TESTAMENTO
- Cando eu morra, poñédeme
- nun outeiro
- no medio da chaira inmensa
- d'este miña Ucrania adorada,
- pra que eu vexa os campos sin fin
- o Dnieper i-as suas ribeiras bravas
- e pra que eu sinta o seu fungar.
- Cando Dnieper arrastre
- cara o mar azul, lonxe de Ucrania,
- o sangue do enemigo, d'aquela
- eu abandonarei os outeiros
- e abandonarei os campos
- e voarei deica o ceo
- pra rezar a Deus, mais si moito tempo
- despois
- esto non sucedeu
- eu non quero coñecer a Deus.
- Vós entón enterrádeme, erguédeos
- rompede ó fin, rompede as vosas cadeas
- e ragade a libertade
- co sangue do enemigo.
- Mais tarde, xa na gran familia,
- a familia libre e nova,
- non vos esquezades de mi
- con palabras doces, suaves.
|